Pobo mende | |
---|---|
Muller mende. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 092 600 (2017)[1] | |
Rexións principais: | |
Serra Leoa | 2 053 000 |
Liberia | 29 000 |
Guinea | 2 900 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua mende, krio, francés e inglés |
Relixión | Maioritariamente islam e minoría cristiá |
Grupos relacionados | Limba, loko, kpelle, gola, vai, gbandi e loma |
Os mende son un dos meirandes grupos étnicos de Serra Leoa, aínda que tamén ten poboacións menores nos países veciños de Liberia e Guinea. Os mende pertencen ó grupo de mande que viven en África occidental. Na súa maioría son granxeiros e cazadores e a súa sociedade é patriliñal, patrilocal e polígama. Falan a lingua mende, que tamén é lingua franca rexional entre outros grupos étnicos de Serra Leoa máis cativos.